Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a informa
ción pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: C.T. de distribución tipo superficie en camiño de Guntín.
Situación: Monforte.
Descricións técnicas: centro de transformación, tipo superficie, cunha potencia de 1000 kVA, e tensións 20 kV-B2 V, con 2 celas de liña e 1 celas de protección. Inicialmente instalarase un trafo de 400 kVA.
Orzamento: 2.968.536 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 21 de marzo de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo