Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.; IN407A 95/25-2; libro rexistro, 4281 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: C.T. de distribución tipo edificio en camiño Matadoiro.

Situación: Monforte.

Descricións técnicas: centro de transformación, tipo edificio, cunha potencia de 1000 kVA, e tensións 20 kV-B2 V, con 2 celas de liña e 1 cela de protección. Inicialmente instalarase un trafo de 400 kVA.

Orzamento: 8.781.310 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo