Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.238

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (301/1994).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do meu cargo se tramitan autos de divorcio (5*) nº 301/1994, seguidos por instancia de, María Isabel Oubel Casal, representada polo procurador José Ramón Caamaño Frade (de oficio), contra Miguel García Ramos, en paradoiro ignorado, por medio do presente edicto emprázase o demandado indicado co fin de que no termo de vinte días compareza como parte nos autos en forma, con letrado que o defenda e procurador que o represente, baixo apercibimento de que se non comparece será declarado en rebeldía e de que recaerá sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma ó demandado Miguel García Ramos, con domicilio descoñecido, e para a publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado, no DOG e no BOP expido o presente edicto en Santiago de Compostela o trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e catro.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA