Camilo José García Puertas Magariños, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, da fe de que nos autos de xuízo de faltas número 344/1994 se dictou a requisitoria do teor seguinte.
Pola presente requisitoria e no xuízo de faltas núm. 344/1994, seguido neste xulgado sobre danos intencionados, requírese e cítase a Antonio Ferreiro Gomes, natural de Portugal, nacido o 27 de setembro de 1952, fillo de Manuel e de María, con último domicilio coñecido Albergue de San Francisco de Santiago de Compostela, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte a aquel no que esta requisitoria apareza publicada no Diario Oficial de Galicia, compareza perante este xulgado co obxecto de cumpri-las penas impostas en sentencia firme dictada nos autos antes indicados do 31 de xaneiro de 1995, con pena de dous días de arresto menor e a que indemnice solidariamente con Adelia de Jesús Costinha Martins a Valentín Álvarez Belmonte en 15.870 ptas.
Ordénase e encárgase a tódalas autoridades e ós funcionarios da policía xudicial que tan pronto como
teñan coñecemento do paradoiro do referido penado, procedan á súa presentación perante o organismo xudicial correspondente.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 1995. A maxistrada-xuíza. Asdo. Leonor Castro Calvo.
E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de citación e requirimento ó penado Antonio Ferreiro Gomes, expido a presente requisitoria en Santiago de Compostela o catro de abril de mil novecentos noventa e cinco.
O secretario xudicial
Rubricado
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA