Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (33/1993).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber que no xuízo de menor contía nº 33/1993, seguido neste xulgado, recaeu a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, o vintesete de xaneiro de 1995. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de xuízo de menor contía nº 33/1993, promovidos a instancia de Mapfre, e na súa representación o procurador dos tribunais García Piccoli Atanes, contra Carlos Oliveira Diéguez, José Manuel Olivera Diéguez e Mª Esther Diéguez Ferreiro, en situación procesual de rebeldía.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador García Piccoli Atanes, en representación de Mapfre, contra Carlos Oliveira Diéguez, José Manuel Oliveira Dieguez e Mª Esther Diéguez Ferreiro, debo condenar e condeno os demandados a que solidariamente paguen á demandante a cantidade de un millón setecentas corenta e nove mil setecentas noventa e catro pesetas (1.749.794 ptas.), con imposición das custas causadas neste procedemento.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación perante este xulgado. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado: Leonor Castro Calvo».

E para que conste e sirva de notificación en forma legal ós demandado rebeldes, actualmente en paradoiro ignorado, Carlos Oliveira Diéguez, José Manuel Oliveira Diéquez e Mª Esther Diéguez Ferreiro, expido este edicto en Santiago de Compostela, o cinco de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado