Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.238

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (281/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo de que se fará mención figura a sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e cino. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Ins

trucción número seis, os presentes autos de xuízo de cognición número 281/1994, sobre reclamación de cantidade, seguidos en virtude de demanda formulada pola procuradora Sánchez Silva, en nome e representación da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, baixo a dirección do letrado Emilio Atrio Abad, contra José Maneiro Queiruga, maior de idade, veciño de Santiago de Compostela e con domicilio na rúa Rodrigo de Padrón, número 2 Esq. e declarado procesualmente en rebeldía.

Decido que, estimando a demanda promovida pola procuradora María Soledad Sánchez Silva, en nome e representación da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, debo condenar e condeno a José Maneiro Queiruga, declarado procesualmente en rebeldía, a que lle aboe á parte demandante a cantidade de catrocentas mil oitocentas noventa e sete pesetas, importe do principal, así como os xuros da dita suma ó tipo establecido na póliza por xuros de demora desde o día 13 de xaneiro de 1992, ata o completo pagamento, con expresa imposición das custas causadas no procedemento ó dito demandado.

Notifiqueselle a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor, perante este xulgado, recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Que, dada a rebeldía do demandado, se lle notificará a sentencia na forma establecida nos artigos 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, se dentro do terceiro día non se solicitase a notificación persoal».

E para que sirva de notificación ó demandado rebelde, expídese e asínase o presente edicto en Santiago de Compostela a seis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado