Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.236

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (337/1994).

Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fárá mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e cinco. No nome de S.M. El-Rei. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 337/1994, dimanante do procedemento seguido por danos e lesións, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Manuel Pérez Fraga (denunciante), representante da empresa Iberexprex, con domicilio en r/ Lamascal, nº 15, Santiago de Compostela; José María Rodríguez García (denunciante) e Jesús Lage Méndez (denunciante), ámbolos dous policías nacionais; José Luis Villaverde Rodríguez (denunciado), con paradoiro descoñecido.

Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións ó denunciado José Luis Villaverde Rodríguez, declarando de oficio as custas desta intancia.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes, coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación neste xulgado para a ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría ó dispor das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal), e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra esta resolución as partes poderán interpor recurso de apelación perante o xulgado de primeira instancia e instrucción dentro de cinco días, quedando as actuacións durante ese período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación a José Luis Villaverde Rodríguez, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o vinteún de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A oficial en funcións de secretaria

Rubricado