Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (268/1994).

En virtude do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, Leonor Castro Calvo, en providencia do día de hoxe dictada no presente expediente de dominio nº 268/1994, promovido por Juana García Miramontes sobre prosecución do tracto sucesivo interrompido sobre o predio nº 934 da zona de concentración parcelaria de San Miguel dos Agros. Rústico: terreo dedicado a labradío no sitio de Ferreñas, concello de Santiago de Compostela, que limita: norte, con Manuel García Barreiro; sur, con Carmen Carballeira Suárez; leste, con Manuel García Barreiro; oeste, con camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria. Ten unha extensión superficial de sete áreas e oitenta centiáreas.

Polo presente edicto convócase a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, para que dentro do prazo de dez días a partir da publicación deste edicto poidan comparecer perante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña sobre a pretensión formulada.

E para que sirva de citación en forma, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 1994.

O secretario

Rubricado