Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.236

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (5/1991-01).

María Fe Meitín Fernández, substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fai saber que en virtude do acordado no día de hoxe, dimanante do xuízo executivo seguido perante este xulgado, co número 5/1991, promovido polo Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Alfonso Villar Zon e Nuria Anta Álvarez, e dado que os demandados se encontran en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto cítase ós ditos demandados, co fin de que no termo improrrogable de nove días comparezan nestes autos en legal forma, mediante procurador e letrado, e se opoñan á execución se lles convén, facendo constar que as copias da demanda e documentos se encontran nesta secretaría ó seu dispor e apercibíndoos de que de non comparecer serán declarados en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen volvelos a citar nin facerlles outras notificacións que as que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo das cantidades que por tódolos conceptos percibe o demandado Villar Zon da Xunta de Galicia.

E para que así conste, e sirva de citación en legal forma ós demandados en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA