Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.235

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (153/1990).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifica que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedimientos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo Núm. 153/1990, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuiz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo

executivo seguidos perante este xulgado co número 153/1990, promovidos polo Banco Español de Crédito, S.A., con domicilio social en Madrid, Paseo da Castellana Núm. 7, representado pola procuradora Sánchez Silva e dirixido polo letrado Ferreiro Santiso, contra Francisco Pazo Vaamonde e Consuelo Conde Vázquez, con domicilio en Beseño-Touro, representados polo procurador Belmonte Pose e dirixido polo letrado Sr. Pensado Vázquez; José Luis Pazo Conde e María Teresa Álvarez Bermo, con domicilio en Santiago de Compostela, r/ Betanzós Núm. 30-baixo A; Manuel Alvarez Sende e Encarnación Bermo Paz, con domicilio en Santiago de Compostela, r/ Fernando III o Santo, 9-6-D, declarados en rebeldía.

Decido que, estimado integramente a demanda interposta pola representación de Banco Español de Crédito, S.A., contra José Luis Pazo Conde, María Teresa Álvarez Bermo, Manuel Álvarez Sende, Encarnación Bermo Pa, Francisco Pazo Vaamonde e Consuelo Conde Vázquez e con desestimación da oposición deducida pola representación destes dous últimos executados, debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra eles, ata face-lo pagamento á demandante da cantidade de 5.011.098 pesetas máis xuros ó tipo pactado, con imposición das custas.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interpoñerse neste xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación. Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe e para que conste e para que sirva de notificación en forma ós demandados en situación procesual de rebeldía, José Luis Pazo Conde e María Teresa Álvarez Bermo, expido e asino a presente cédula, en Santiago de Compostela o trinta de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado