Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.230

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore, da provincia da Coruña.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-4-1995, subscrito en representación da parte económica pola Confederación de Empresarios e, pola parte social, por CIG, CC.OO. e UGT o día 7-4-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Tereciro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de abril de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña