Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.232

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/860/1995, interposto por Manuela Mourelle Mosqueira ó amparo da Lei 62/1978, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa.

Notificóuselle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se solicita a remisión do expediente correspondente ó recurso contencioso-administrativo número 1/860/1995, interposto por Manuela Mourelle Mosqueira contra a orde do 20

de xaneiro de 1995 (DOG número 46, do 7 de marzo), pola que, en cumprimento da sentencia da antedita sala, do 24 de outubro de 1994, se modifica a resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade do 22 de maio de 1991 (DOG número 106, do 5 de xuño), pola que se resolve o concurso-oposición libre para o ingreso na clase de practicantes titulares convocado por Orde do 9 de novembro de 1990 (DOG número 224, do 14 de novembro) e se publica a relación de aspirantes seleccionados.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 62/1978, do 26 de decembro, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos