Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.226

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Residuos de Galicia, S.A..

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo Residuos de Galicia, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-3-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 24-3-1995, e de conformidade co disposto do xa citado corpo legal, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa publicación no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de marzo de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña