Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.226

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Setex-Aparki, S.A. para o ano 1995.

Visto o texto do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo da empresa Setex-Aparki, S.A. (código de convenio nº 3200582), de Ourense para o ano 1995, na reunión celebrada o día 17 de xaneiro de 1995, convenio publicado no BOP nº 100, de 4 de maio de 1994, para dar cumprimento ó establecido no artigo 25 do referido texto legal que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 28 de marzo do ano en curso, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do acordo no libro rexistro desta delegación provincial, e notificación á comisión paritaria do convenio colectivo mencionado.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 30 de marzo de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

ACTA DA COMISIÓN PARITARIA

CONVENIO SETEX-APARKI, S.A.

OURENSE

En Ourense o 17 de xaneiro de 1995, sendo as 16.30 horas reúnense nas oficinas da empresa Setex-Aparki, S.A., sita na rúa Padre Faustino Míguez, nº 4-baixo,

Pola parte empresarial:

José Mª Tutor Lemos.

Luis Ponte Herranz.

Pola parte social:

César Gutiérrez Martínez (delegado de persoal).

Miguel Villar Paulos (Sº de organización F.P.T.TC.).

Ámbalas partes,

ACORDAN:

Que segundo recolle o artigo 25 do convenio colectivo da mencionada empresa, revísanse as táboas salariais actuais, cun incremento equivalente á porcentaxe do IPC correspondente ó ano 1994, aplicable a tódolos conceptos salariais.