Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia o concurso público número 8/1995 para a contratación da subministración de mobiliario clínico.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: adquisición de mobiliario clínico por un orzamento máximo total de catorce millóns oitenta e nove mil duascentas ptas. (14.089.200 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público deberanse entregar de xeito inmediato e segundo necesidades dos servicios destinatarios, a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódense solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14.30 horas no teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.

Fianzas: provisional, un 2% do orzamento de licitación, (281.784 ptas., se se licita polo total), que se constituirá segundo o disposto no artigo 112 da LCE e 340 do seu regulamento.

Presentación de proposicións: as proposicións, asinadas polo licitador ou persoa que o represente, deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 13 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo do xeito indicado no artigo 100 do RXCE.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola Mesa de Contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán de conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 23 de maio de 1995.

Juan José Equiza Escudero

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo