Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra do centro de educación infantil de nove unidades en Villa Laura. Vigo-Pontevedra.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra que se cita:

-Centro de educación infantil de 9 Uds. en Villa Laura. Vigo-Pontevedra.

-Orzamento de licitación: 78.279.274 ptas. (setenta e oito millóns duascentas setenta e nove mil duascentas setenta e catro pesetas).

-Prazo de execución: 9 meses.

-Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estará de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o día 9 de xuño de 1995.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, aplicarase o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

-Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería o resultado da devandita cualificación, co fin de que se corrixan, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

-Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 12 horas do día 15 de xuño de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Seeretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria