Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, das obras de construcción dun polideportivo cuberto no I.B.M de Monforte de Lemos.

Esta delegación provincial, en virtude do disposto no Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, e na Orde do 25 de xaneiro de 1995, sobre desconcentración de competencias en materia de contratación, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar por concurso a obra que a continuación se indica:

-Construcción dun polideportivo cuberto no I.B.M. de Monforte de Lemos.

-Orzamento de contrata: 72.220.464 pesetas.

-Prazo de execución: nove meses.

-Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

O proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares están á disposición dos interesados na Delegación Provincial de Educación, rúa Armando

Durán, s/n, 2ª planta, Lugo, durante o prazo de presentación de proposicións, das nove ás catorce horas.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no B.O.E. e rematará o día 2 de xuño de 1995, ás catorce horas.

Lugar de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro da Delegación Provincial de Educación, rúa Armando Durán s/n, 2ª planta. Lugo.

Documentación esixida: a especificada nas cláusulas do prego.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta delegación o resultado da dita cualificación, co fin de que se reparen, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 10 horas do día 8 de xuño de 1995 na sala de xuntas desta delegación provincial.

O importe do presente anuncio será a cargo da empresa adxudicataria.

Lugo, 5 de maio de 1995.

Ángel Fernández López

Delegado provincial de Lugo