Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público para a adquisición de material sanitario xeral, material de hixiene e protección.

O xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15-9-1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, convoca o concurso público nº 10/95 para a adquisición de material sanitario xeral, material de hixiene e protección.

Obxecto e orzamento: a adxudicación da adquisición de material sanitario xeral, material de hixiene e protección do Hospital Juan Canalejo, cun orzamento de quince millóns novecentas corenta e sete mil pesetas (15.947.000 ptas.) IVE engadido, sen prexuízo dos prazos de execución sinalados no apartado seguinte.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público serán entregados nos prazos seguintes: os de primeira entrega, ós quince días da adxudicación; o resto, segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Dirección de Xestión, Sección de Investimentos, no edificio anexo da escola de enfermería, planta soto do Hospital Juan Canalejo, As Xubias de Arriba, 84-15006 - A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación (318.940 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no Art. 112 de LCE e 340 e 376 de seu regulamento.

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do complexo hospitalario mencionado no apartado III, antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou por correo, do xeito indicado no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e especiais.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 24 de abril de 1995.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Oza