Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.209

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (342/1994-05).

En virtude de resolución do maxistrado-xuíz de primeira instancia dictada no día de hoxe en expediente de xurisdicción voluntaria de dominio seguido neste xulgado co número 342 de 1994, por instancia de Jesús y José Ramón Casas Camino, representados polo procurador Fernández Rial, sobre reanudación de tracto sucesivo interrompido dos predios que a seguir se describen:

«Predio rústico número mil seiscentos dez (1610) do plano xeral da zona de concentración parcelaria de San Xoán de Calo, terreo dedicado a labradío no sito de Cotón, concello de Teo, que mide trinta e unha áreas e noventa e cinco centiáreas. Limita polo norte con camiño; polo sur, Concepción Mosquera García e outro (1611) e Obdulia Caritón Franco (1615), regato en medio; polo teste, Antonio Lorenzo Caritón e outro (1609); e polo oeste, camiño.

Rústico número mil seiscentas corenta e tres (1643) do mesmo plano xeral da zona de concentración parcelaria de San Xoán de Calo, terreo dedicado a prado e labradío no sitio de Pontellonas, concello de Teo, que mide vinteoito áreas e vintecinco centiáreas. Limita: polo norte, Manuel Montes Montes (1642); polo sur, con Andrés Reymúndez Fraga e outro (1644), hoxe Vicente García Porto; polo leste, con camiño; polo oeste, con Jaime Balsa Mosquera (1648), Manuel Ferreiro Lage (1649), Ramón Couso González (1650) e José Barreiro Varela (1651), regato en medio».

Cítase ós habentes causa daqueles dos que procedan os bens e ás persoas ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada co fin de que no termo de dez días a partir da publicación do presente edicto poidan comparecer perante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña.

En Santiago de Compostela o cinco de outubro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario

Rubricado