Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1995, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de corredor Ferrol-Lugo por Vilalba, C-641, tramo: San Sadurniño-Igrexafeita. (Clave: N/AC/87.5.3).

0 artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras a realizar con cargo á aplicación 413 B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 9 de febreiro de 1995 aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 84/1995, do 10 de marzo, acordou declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos da expropiación para as mencionadas obras.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de San Sadurniño e Narón, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideren necesario.

Casa do Concello de San Sadurniño

DataHoraNúm. predios

13 xuño 1995 9 a 131 ó 30

13 xuño 199516 a 1931 ó 61

14 xuño l995 9 a 1362 ó 101

14 xuño 199516 a 19102 ó 140

15 xuño 1995 9 a 13141 ó 200

15 xuño 199516 a 19200 ó 250

DataHoraNúm. predios

16 xuño 1995 9 a 13251 ó 300

16 xuño 199516 a 19301 ó 350

19 xuño 1995 9 a 13351 ó 420

19 xuño 199516 a 19421 ó 470

20 xuño 1995 9 a 13471 ó 549

Casa do Concello de Narón

DataHoraNúm. predios

21 xuño 1995 9 a 131 ó 9

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados polas persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse se o consideren oportuno dos seus peritos e un notario.

Así mesmo, no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co obxecto de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza de Luis Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 16 de maio de 1995.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe