Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de emprazamento (97/1995).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, en autos de separación matrimonial número 97/1995, seguidos por instancia de Begoña Elizabeth Aloy Nguema, representada en quenda de oficio polo procurador Caamaño Frade, contra o seu esposo e o Ministerio Fiscal, por edicto emprázase a Hilario Ricardo Komba

Divany, actualmente en paradoiro descoñecido, para que compareza ante este xulgado no prazo de vinte días, con avogado e procurador, e conteste a demanda, e propoña, se é o caso, reconvención, coa prevención de que, se non o fai, sufrirá os prexuízos legais que correspondan.

E para que sirva de emprazamento en forma ó antes mencionado, e para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e mais no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

0 secretario

Rubricado