Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (141/1994-01).

Jorge Villar Trabazas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas mencionado, seguido sobre a falta de lesións, sendo parte como denunciante Juan Federico Blanco Castedo e como denunciado Juan Carlos Rumbo Moure, se dictou sentencia que ten a seguinte decisión: «Que debo condenar a Juan Carlos Rumbo Moure, como autor penalmente responsable dunha falta de inxurias livianas e outra de lesións, ás penas de 25.000 pesetas e multa pola primeira, con un día de arresto substitutorio, unha vez feita excusión dos seus bens, para caso de non pagamento, e catro días de arresto menor pola segunda, e ó pagamento das custas.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Manuel Pérez Echenique. Rubricado. Jorge Villar Trabazos».

E para que conste e sirva de notificación a Juan Federico Blanco Castedo, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 18 de abril de 1995.

O secretario

Rubricado