Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (77/1995).

En cumprimento do acordado, por resolución do día da data, dictada polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo ó nº 77/1995, promovido polo procurador Avelino Calviño Gómez, en nome e representación de Argentina Fernández Freire, sobre declaración de falecemento de José Fernández Prol, nado no lugar de Pedreiras, parroquia de Alvite, do concello de Negreira, o 9 de outubro de 1910, fillo de Manuel e de Esperanza, o cal foi chamado a filas ó comezo da guerra civil española no mes de xullo do ano 1936, cando contaba 25 anos de idade, non volvendo a ter noticias súas desde aquela época.

O que para os fins previdos nos artigos 2.042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación cos 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no

Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira, doce de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado