Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.198

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1995 pola que se fai público o nomeamento de funcionario do Parlamento de Galicia do grupo E-chofer-ordenanza.

Vista a proposta do tribunal cualificador das probas selectivas para a provisión dunha praza de chofer-ordenanza do cadro de persoal do Parlamento

de Galicia e a documentación presentada polo aspirante seleccionado, dándose deste xeito cumprimento ás bases novena e décima da convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia nº 243, do 25 de decembro de 1994,

A mesa, en reunión celebrada o día 18 de maio de 1995, e no uso das facultades que lle foron conferidas nos artigos 30.1º 3 e 60.2º do Regulamento do Parlamento de Galicia e 53 do Estatuto de persoal, nomea funcionario do Parlamento do grupo E-cho

fer-ordenanza, nos termos previstos no artigo 47 do devandito estatuto a José Antonio Conde Marra.

O nomeado tomará posesión do seu posto de traballo dentro do prazo de un mes a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia