Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.199

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1995 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (1 a 25/1995, ámbalas dúas inclusive).

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado resolveu convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes,

BASES:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cumpren os seguintes requisitos xerais:

a) Te-la nacionalidade española ou de calquera país membro da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os sesenta e cinco.

c) Non ter sido separado, por expediente disciplinario, do Servicio da Administración do Estado ou da Administración Autónoma, institucional ou local, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir ademais as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase de concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar ás prazas de profesor titular de Universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudante desta universidade, agás as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (Boletín Oficial del Estado do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Os que desexen tomar parte neste concurso, remitiranlle a correspondente solicitude ó rector da universidade da Coruña, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado mediante instancia, segundo modelo anexo II, debidamente cuberto, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustifica-lo aboamento na conta corrente 17957982, concursos-oposicións, Caixa Postal, oficina principal da Coruña, segundo se detalla a seguir e para cada caso, a cantidade de: doutores, 1.500 ptas. (400 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereito de exame); licenciados, 1.340 ptas. (240 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereitos de exame); diplomados, 1.260 ptas. (160 ptas. en concepto de formación de expediente e 1.100 ptas. por dereitos de exame).

Quinta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), remitiralles a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que deberá serlles notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, ós suplentes necesarios para efectua-lo acto da súa constitución.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, a hora e o lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo de quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade, expedida pola dirección provincial ou consellería, segundo proceda, competentes en materia de sanidade.

c) Declaración de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións autónomas, en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos de carreira, estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos debendo presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

A Coruña, 27 de marzo de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da universidade da Coruña

ANEXO I

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/001.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: construccións navais.

Departamento ó que está adscrita: Construccións Navais.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en máquinas mariñas II, buques de guerra e inst. vapor.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/002.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: arquitectura e tecnoloxía de computadores.

Departamento ó que está adscrita: Electrónica e Sistemas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en arquitectura de ordenadores, arquit. e tecnol. comp.

Clase de convocatoria: concurso de méritos.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/003.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: construccións navais.

Departamento ó que está adscrita: Construccións Navais.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en máquinas mariñas I y máquinas auxiliares.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/004.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: construccións navais.

Departamento ó que está adscrita: Construccións Navais.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docen. en tecnolox. da const. do buque. Fact. navais, Distr. e obra C.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/005.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: construccións navais.

Departamento ó que está adscrita: Construccións Navais.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en sistemas eléctricos e electrónicos e máquinas electric.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/006.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento o que está adscrita: Economía Aplicada II.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en matemáticas para economistas.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/007.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento o que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en economía financeira da empresa.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 2.

Praza número: 95/008.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento o que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en contabilidade financeira.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/009.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería mecánica.

Departamento o que está adscrita: Construccións Navais.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en debuxo técnico e deseño asistido por ordenador.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/010.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía inglesa.

Departamento o que está adscrita: Filoloxía Inglesa.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en lingua inglesa.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/011.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química orgánica.

Departamento o que está adscrita: Química Fundamental e Industrial.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materia da área.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/012.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: didáctica e organización escolar.

Departamento o que está adscrita: Pedagoxía e Didáctica das CC.Experi.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en formación e actualización na función docente.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/013.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: ecoloxía.

Departamento o que está adscrita:

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/014.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: métodos de investigación e diagnóstico en educ.

Departamento o que está adscrita: Filoloxía, Antropol. e Métodos Inv. en Ed.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en métodos de investigación en educación.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/015.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: socioloxía.

Departamento o que está adscrita: Socioloxía e Ciencias Polít. e da Admón.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en conflicto social e conducta desviada.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/016.

Corpo: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía galega e portuguesa.

Departamento o que está adscrita: Filoloxía Francesa e Galego-Portuguesa.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en literatura galega.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/017.

Corpo: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: matemática aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Matemáticas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en álxebra e cálculo matemático.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/018.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: antropoloxía social.

Departamento ó que está adecrita: Filosofía, Antropol. e Métodos Inv. en Ed.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en antropoloxía de Galicia.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/019.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Economía Aplicada II.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en matemáticas empresariais.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/020.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: didáctica da expresión corporal.

Departamento ó que está adscrita: Didácticas Especiais.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en bases teóricas da educación física.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/021.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: fisioterapia.

Departamento ó que está adscrita: Ciencias da Saúde I.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en quinesioloxía para fisioterapeutas.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/022.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: fisioterapia.

Departamento ó que está adscrita: Ciencias da Saúde I.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en fisioterapia I.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/023.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: radioloxía e medicina física.

Departamento ó que está adscrita: Ciencias da Saúde I.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en hidroloxía médica.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/024.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: arquitectura e tecnoloxía de computadores.

Departamento ó que está adscrita: Electrónica e Sistemas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en tecnoloxía de computadores e estruct. de computadores I.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 95/025.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería de sistemas e automática.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Industrial.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en automatismos e servosistemas.

Clase de convocatoria: concurso.