Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1995 pola que se anuncia a celebración dunha xornada de estudio sobre técnica normativa.

A Escola Galega de Administración Pública anuncia a celebración dunha xornada de estudio sobre técnica normativa que se celebrará conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

O obxecto da xornada é reflexionar e debate-las cuestións relacionadas coas técnicas que deben seguirse na elaboración das normas.

2. Destinatarios.

Letrados, asesores xurídicos, funcionarios do grupo A responsables da redacción de normas, profesores e universitarios de dereito público, traductores e correctores lingüísticos e todas aquelas persoas que velen pola calidade das normas das administracións públicas e dos parlamentos.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 6 horas.

3.2. Data: 19, 20 de xuño de 1995.

3.3. Horarios: día 19: de 16.30 horas a 19; día 20: de 10 a 19.

3.4. Lugar: Santiago de Compostela.

3.5. Prazas: limitadas á capacidade do local.

4. Inscrición.

-Lugar de presentación de solicitudes: no rexistro xeral da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703, Santiago de Compostela.

-Forma de envío por correo ó enderezo anterior ou por fax ó número (981) 57 15 40.

-Modelo de instancia: segundo modelo oficial que figura ó final desta convocatoria.

-Prazo: remata o 14 de xuño.

5. Información complementaria.

Servicio de Estudios, Investigación e Publicacións. EGAP. Tel. (981) 57 08 00, Ext. 247. Fax (981) 54 15 40.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública