Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.196

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1995 pola que se convoca o II seminario galaico-bonaerense sobre Estado autonómico e federalismo, en colaboración co Instituto Provincial de Administración Pública de Bos Aires.

Dentro das actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1995, figura a realización do II seminario galaico-bonaerense sobre Estado

autonómico e federalismo, en colaboración co Instituto Provincial de Administración Pública de Bos Aires.

Obxecto.

Os días 28 e 29 de xuno de 1995 terá lugar, na Escola Galega de Administración Pública, o II seminario galaico-bonaerense sobre Estado autonómico e federalismo.

O obxectivo deste seminario é o tratamento, entre outros, da articulación entre os ordenamentos estatal, comunitario, provincial e municipal españois; as relacións entre as diversas administracións públicas en España; as comunidades autónomas e as competencias de execución en España; os ordenamentos xurídicos nun Estado composto; o réxime municipal arxentino e a reforma constitucional; aspectos sociolóxicos do municipio bonaerense.

Destinatarios.

-Persoal funcionario dos grupos A e B de calquera das administracións públicas galegas, e interesados en xeral.

Desenvolvemento e duración.

O seminario abrirase o xoves, día 28 de xuño, ás 10 horas, e rematará na tarde do venres, día 29 de xuño.

Inscrición.

-Prazo: remata o luns, día 26 de xuño de 1995.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703, Santiago de Compostela). Teléfono 57 08 00, telefax número 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderánse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baldeiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 27 de xuño, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono en días laborables, de 11.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 57 08 00 (Ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos que se expoñerá no taboleiro de anuncios da EGAP 24 horas despois do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Certificación de asistencia.

Entragaráselles ó remate deste seminario a aquelas asistentes que concorresen asiduamente a el, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública