Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.196

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1995 pola que se fai pública a reforma da relación de postos de traballo do Consello de Contas acordada polo Pleno en sesión celebrada o día 1 de xuño de 1995.

De conformidade co disposto no artigo 8, apartado j) do Regulamento de réxime interior, en relación co artigo 25 e concordantes da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, o Pleno do Consello de Contas, en sesión celebrada o día 1 de xuño de 1995, acordou modifica-la RPT do consello nos seguintes termos:

Primeiro.-Suprimi-los seguintes postos da RPT: postos números 65 e 66 da relación, denominados «telefonista».

Segundo.-Modifica-los postos números 50, 51, 52, 53 e 54 da RPT, denominados «auxiliar (xefe de grupo, nivel 14)», converténdoos en 5 postos coas seguintes características:

-Denominación: auxiliar.

-Titulación: graduado escolar, FPI ou equivalente.

-Grupo: D.

-Nivel C.D.: 12.

-C. específico: 411.744.

-Forma de provisión: concurso.

Terceiro.-Crear sete novos postos na RPT coas seguintes características:

-Denominación: auxiliar.

-Titulación: graduado escolar, FPI ou equivalente.

-Grupo: D.

-Nivel C.D.: 12.

-C. específico: 411.744.

-Fauna de provisión: concurso.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

Carlos G. Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia