Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.192

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de comercio do metal.

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o sector de comercio do metal, (código 2700185), da provincia de Lugo, asinado o 24 de marzo de 1995, polas representacións da asociación de empresarios do sector e das centrais sindicais CC.OO., U.G.T., C.I.G. e U.S.O., e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 29 de marzo de 1995.

Manuel Bande Diaz

Delegado provincial de Lugo

Asistentes

Pola asociación empresarial do metal:

Nivardo Rego Valle.

Luis Fernández Osorio.

José Francisco Dorado López.

Juan Chousa Abuin.

Antonio Martínez Vázquez.

Guadalupe Hervera Iglesias.

Polas centrais sindicais:

CC.OO.(2).

Manuel Núñez López.

Carlos Latas Núñez.

U.G.T.(2).

Fernando Teijeiro Valledor.

Aurelio Álvarez Álvarez.

C.I.G.(1).

Manuel Paz Flórez.

U.S.0.(1).

Jesús Cantero Pérez.

ACTA

En Lugo, sendo as 18 horas do día 24 de marzo de 1995, reúnanse nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da comisión mixta paritaria prevista no Art. 7 do vixente convenio colectivo provincial do comercio do metal, co obxecto de proceder á aplicación da cláusula de revisión salarial prevista no artigo 16, así como á elaboración da táboa salarial que terá vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1995, conforme o previsto no segundo parágrafo do artigo 8.

Despois das deliberacións pertinentes, acórdase por unanimidade aproba-la táboa salarial anexa que entrará en vigor durante o ano 1995.

Acórdase, así mesmo, remiti-la presente acta á autoridade laboral pertinente para efectos da súa aprobación e publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión en lugar e data indicados.