Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.190

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de Siderometal.

Visto o texto da revisión do convenio colectivo para o sector de Siderometal (código 2700475), da provincia de Lugo, asinado o 29 de marzo de 1995, polas representacións da Asociación de Empresarios do sector e das centrais sindicais CC.OO, UGT, CIG e USO, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 29 de marzo de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

ACTA

Asistentes.

-Pola asociación empresarial do metal:

Nivardo Rego Valle

Luis Fernández Osorio

José Francisco Dorado López

Juan Chousa Abuin

Antonio Martínez Vázquez

Guadalupe Hervera Iglesias

-Polas centrais sindicais:

CC.OO (1)

Manuel Núnez López

UGT (2)

Fernando Teijeiro Valledor

Aurelio Álvarez Álvarez

CIG (2)

Manuel Paz Flórez

USO (1)

Jesús Cantero Pérez

En Lugo, sendo as 18 horas do día 24 de marzo de 1995, reúnanse nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da comisión mixta paritaria prevista no artigo 8 do vixente Convenio Colectivo Provincial para as industrias de Siderometalúrxica, co obxecto de proceder á aplicación da cláusula de revisión salarial prevista no primeiro parágrafo do artigo 11, así como á elaboración da táboa salarial que terá vixencia desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1995, conforme o previsto no segundo parágrafo do artigo 9.

Despois das deliberacións pertinentes, acórdase por unanimidade aproba-la táboa salarial anexa que entrará en vigor durante o ano 1995.

Acórdase, así mesmo, remiti-la presente acta á autoridade laboral pertinente para efectos da súa aprobación e publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión en lugar e data indicados.