Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo adaptado pola comisión paritaria do convenio colectivo de ámbito provincial do sector da construcción e das obras públicas para o ano 1995.

Visto o texto do acordo adoptado pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector da construcción e O.P. (código de convenio nº 3200155), da provincia de Ourense para o ano 1995, na reunión celebrada o día 14 de marzo dos correntes, convenio publicado no BOP nº 148 do 30 de xuño de 1994, para dar cumprimento ó establecido no artigo 14 do referido texto legal que tivo entrada nesta dele

gación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 16 de marzo do ano en curso, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do acordo no libro rexistro desta delegación provincial, e notificación á comisión paritaria do convenio colectivo mencionado.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de marzo de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

ACTA

En Ourense, sendo as 18 horas do día 14 de marzo de 1995, reúnense membros da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de construcción e O.P. da provincia de Ourense, estipulado no artigo 7 do texto publicado no BOP nº 148 do 30 de xuño de 1994, para dar cumprimento ó establecido no artigo 14 do referido texto legal, e tras varias deliberacións:

ACORDAN:

Primeiro.-O I.P.C. oficial referido ó período 01-01-1994 ó 31-12-1994, foi o 4,3% segundo o I.N.E.

Segundo.-Que procede actualiza-las táboas salariais na porcentaxe do 0,80%, sendo a táboa definitiva desde o 01-01-1995 e con efectos retroactivos a 1994, a que se xunta a esta acta.

As diferencias salariais de 1995 así como os atrasos de 1994, producidas por esta actualización, serán aboadas polas empresas antes do día 30 de abril de 1995.

Terceiro.-Remitir á delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia en Ourense, a presente acta para o rexistro e posterior publicación no BOP, tralos trámites legais que correspondan.