Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 29 de marzo de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se publican acordos de devolución, relativos ós contribuíntes que se citan (Jales, Adriano e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os acordos de devolución de ingresos, relativos ós contribuíntes que se citan no anexo.

O Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, sito na praza de Compostela nº 26, Vigo, de conformidade co artigo 10.2º do Real decreto lexislativo 1163/1990, do 21 de setembro, que regula o procedemento para realiza-la devolución dos ingresos indebidos de natureza tributaria, acorda recoñece-lo dereito a devolución dos ingresos indebidos a favor dos contribuíntes que seguidamente se citan.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso de reposición perante o servicio citado ou reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula.

Apelidos e nome: Jales, Adriano.

Domicilio: Lavadores, Naia de Arriba, 155, Vigo.

Contía a devolver e expediente: 84.863. Expediente 20706/91, Dev. 69/94.

Apelidos e nome: Saenz Mosteiro, Luis.

Domicilio: Zamora, 51, Vigo.

Contía a devolver e expediente: 10.552 e 2.110. Expediente 19933/91, Dev. 159/94.

Vigo, 29 de marzo de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA