Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de acondicionamento da Estrada LU-160 Mondoñedo-O Valadouro, tramo Ferreira-Adelán, p.k. 26'27 a 34'20. Clave: N-LU-87.4.1.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas, do 22 de febreiro de 1995 foi aprobado o proxecto das obras de acondicionamento da estrada LU-160

Mondoñedo-O Valadouro, tramo Ferreira-Adelán, p.k. 26'27 a 34'20 clave: N-LU-87.4.1.

En acordo adoptado polo consello da Xunta de Galicia o día 10 de marzo de 1995, declárase de urxencia, para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócase ós propietarios e titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Valadouro e Alfoz, e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora, que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación daqueles, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos e bens afectados, os seus titulares e valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren o lugar dos predios se o considerasen necesario.

Lugar: Concello de Alfoz. O levantamento de actas será na Casa do Concello de Alfoz.

Día: 6 de xuño de 1995 de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Expedientes 1 a 55 de Alfoz.

Día: 7 de xuño de 1995 de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Expedientes de 56 a 115 de Alfoz.

Día: 8 de xuño de 1995 de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Expedientes de 116 a 154.

Lugar: Concello de Ferreira do Valadouro. O levantamento de actas será na Casa do Concello de Ferreira do Valadouro.

Día: 8 de xuño de 1995 de 10 a 12 horas.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse á súa costa, se o considerasen oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estas antecedentes, e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2 da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa xefatura provincial de estradas, sita na Ronda da Muralla nº 131, 27004 Lugo, as alegacións que cuiden pertinentes co obxecto de enmendar posibles erres que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 8 de maio de 1995.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe Provincial de Estradas de Lugo