Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 29 de marzo de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se publica a relación de persoas que deberán aportar documentos para ultima-la tramitación do expediente que se cita (Fernández Fernández, Luis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase relación de persoas que deberán aportar documentación, co fin de ultima-la tramitación dos expedientes que se referencian.

O Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, sito na praza de Compostela nº 26, Vigo, co fin de proceder á tramitación dos expedientes promovidos polos interesados co último domicilio coñecido e datos que aquí se sinalan, reclama a presentación da documentación que seguidamente se cita. No caso de non presentala e de conformidade co artigo 92 da citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, transcurridos tres meses contados desde o día seguinte á data de publicación desta cédula, poderá caducarse o expediente, producíndose o arquivo das actuacións.

Interesado: Fernández Fernández, Luis.

Domicilio: Marqués de Valladares, 4-baixo, Vigo.

Documentación e expediente: xustificante orixinal do ingreso do imposto. Expediente 13606/93. Dev. 101/93.

Vigo, 29 de marzo de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)