Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.110

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (89/1995).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que, neste xulgado e co número 89/1995, se tramitan autos de xuízo executivo, seguidos por instancia do Banco Central Hispano Americano, representado polo procurador García Piccoli Atanes fronte a Luis Sánchez López e María Blanco Rial, sobre reclamación de cantidade; nos seus autos acordouse citar de remate o devandito demandado, para que, se lle conviñer, se constitúa en parte en autos e se opoña á execución contra el mesmo despachada, dentro do termo de nove días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, apercibíndoo de que de non verificalo será declarado en situación legal de rebeldía procesual; continuarase o xuízo na súa ausencia, sen facerlle outras notificacións nin citacións cás determinadas pola lei. Faise constar expresamente que, por se descoñece-lo paradoiro do demandado, se practicou embargo sobre bens da

súa propiedade, sen previo requirimento de pagamento.

Para que lle sirva de citación ós demandados Luis Sánchez López e María Blanco Rial expídese e asínase o presente edicto en Santiago de Compostela o 25 de abril de 1995.

A secretaria

Rubricado