Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.109

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (143/1991).

María Manuela Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo de divorcio tramitado neste xulgado co número 143/1991, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 17 de abril de 1995, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de divorcio seguido neste xulgado co número 143/1991, no que actuaron como partes María Teresa Seoane Eiras, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador Avelino Calviño Gómez e defendida pola letrada Noemí Ucha Sobral, e como demandado Antonio Lampón Santos, maior de idade e declarado en rebeldía.

Decido que debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por María Teresa Seoane Eiras e Antonio Lampón Santos e aprobo como medidas reguladoras da situación patrimonial e persoal creada por esta resolución a atribución

á esposa da garda e custodia e do exercicio exclusivo da patria potestade sobre o fillo menor do matrimonio; que o marido deberá entregarlles á esposa e ó fillo, en concepto de contribución alimenticia, a cantidade que se determine en execución de sentencia, no caso de que se inste a apertura do incidente correspondente. Non se fai imposición de custas. Unha vez firme esta resolución, líbrense os despachos oportunos para practica-la inscrición marxinal dela no Rexistro Civil. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación. Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Antonio Lampón Santos, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA