Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.109

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (33/1993).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue xuízo de menor contía número 33/1993 nos que recaeu sentencia cun encabezamento e decisión que son como segue:

«En Santiago de Compostela, vintesete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de xuízo de menor contía nº 33/1993 promovido por instancia de Mapfre e na súa representación o procurador dos tribunais García Piccoli Atanes contra Carlos Oliveira Diéguez, José Manuel Oliveira Diéguez e María Esther Diéguez Ferreiro en situación procesual de rebeldía.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador García Piccoli Atanes en representación de Mapfre contra Carlos Oliveira Diéguez, José Manuel Oliveira Diéguez e Esther Diéguez Ferreiro, debo condenar e condeno os demandados a que solidariamente paguen á demandante a cantidade de 1.749.794 ptas. con imposición das custas causadas no presente procedemento.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación perante este xulgado. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que así conste e sirva de notificación en legal forma ós demandados rebeldes, actualmente en paradoiro descoñecido, José Manuel e Carlos Oliveira Diéguez, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, 18 de abril de 1995.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA