Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.109

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (33/1995-01).

María Fe Meitín Fernández, xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado, se tramita xuízo de faltas número 33/1995, por instancia dos policías locais número 115, 33 e 54 contra Ildefonso Zarzuelo López e Amalia Kull Sptznagel, nas actuacións do cal, en resolución desta data, se acordou citar a Ildefonso Zarzuelo López, co fin de que o dia vintedous de xuño, ás once quince horas, compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas, apercibíndoo de que en caso de non o verificar recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que tente valerse.

E para que conste e lle sirva de citacion a Ildefonso Zarzuelo López expido e asino este edieto en Santiago de Compostela o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA