Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Seragua FCCSA UTE Lei 18/1982 (Redondela UTE).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Seragua FCGSA UTE Lei 18/1982 (Redondela UTE), situada na provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-4-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal do mesmo, en data 22-3-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito

de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 10 de abril de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

CONVENIO COLECTIVO

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal da UTE Seragua FCC, concesionario do Servicio Municipal de Abastecemento e Saneamento de Auga de Redondela.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día primeiro de xaneiro de 1995 (1-1-1995) sexa cal sexa a data da súa publicación. Terá unha vixencia de un ano, que rematará o 31 de decembro de 1995, considerándose a partir de entón prorrogado de ano en ano, se non fose denunciado con dous meses de antelación ó remate da súa vixencia inicial ou prorrogada.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio terá que efectuarse por escrito perante a autoridade laboral e a outra parte, segundo o previsto en canto a prazo no artigo anterior.

Artigo 4º.-Conceptos retributivos.

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo salario base de convenio e os complementos que para cada actividade e categoría se determinan no articulado do convenio.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 5º.-Salario base.

Salario base convenio é o fixado na táboa anexa I.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán, en concepto de antigüidade, as cantidades establecidas na táboa anexa II.

A data de partida dos premios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise o primeiro ou o segundo semestre do ano.

Artigo 7º.-Participación en beneficios.

O persoal acollido a este convenio percibirá por este concepto, o quince por cento (15%) do importe dos salarios fixados na táboa anexa I.

A participación en beneficios percibirase mensualmente.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal abranguido neste convenio percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe, cada unha delas, de unha mensualidade, calculada sobre o salario base e maila antigüidade, sendo efectivas o 31 de marzo, o 30 de xuño, o 30 de setembro e o 22 de decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte xeito:

-Trimestre: xaneiro, febreiro, marzo. Mes de aboamento: marzo.

-Trimestre: abril, maio, xuño: mes de aboamento xuño.

-Trimestre: xullo, agosto, setembro. Mes de aboamento setembro.

-Trimestre: outubro, novembro, decembro. Mes de aboamento decembro

O persoal de novo ingreso, ou que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de marzo e xuño, que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio aplicarase para o persoal que ingrese ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de setembro e decembro.

Artigo 9º.-Plus de toxicidade.

O plus por traballos tóxicos fíxase no vinte por cento (20%) do salario base fixado na táboa de salarios (anexo I) de cada categoría.

Aplicarase cando se efectúen cambios de contedores ou botellas de cloro ou reparen avarías nos aparellos de dosificación, ó persoal implicado nos ditos traballos, así como a todos aqueles traballadores que nun momento determinado efectúen traballos no abastecemento ou saneamento e depuración de auga con posibilidade de existencia de toxicidade.

Artigo 10º.-Plus de transporte.

Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de oito mil pesetas (8.000 ptas.) mensuais por este concepto, entendéndose, en todo caso, absorbida calquera cantidade que puidese devengarse en concepto de plus de distancia. O plus de transporte aboarase por mes efectivamente traballado.

Artigo 11º.-Quebranto de moeda.

A empresa non exime da obriga de repoñer posibles perdas de diñeiro a aqueles traballadores a función dos cales leve implícito o manexo de diñeiro.

Non obstante, como compensación do anterior, aboaráselles a cada un destes traballadores a cantidade de catro mil pesetas (4.000 ptas.) por mes efectivamente traballado.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Poderanse realiza-las horas extraordinarias estructurais necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da natureza do traballo que se vai executar.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na táboa anexa III.

Artigo 12º bis.-Quilometraxe.

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa, percibirá a cantidade de vintesete pesetas por quilómetro (27 ptas./km). Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Artigo 13º.-Persoal de garda semanal.

O principio de cada semana (luns) entrará de garda un traballador para a rede e outro para o mantemento de equipos.

Os seus labores de vixilancia, reparación e mantemento comezarán ó remata-la xornada laboral ordinaria e estenderase durante toda a semana ata o inicio da seguinte.

As fins de semana e días festivos o traballador da rede permanecerá no servicio, durante o horario laboral, realizando os labores de vixilancia e mantemento que se produzan durante estes días.

Os dous traballadores de garda portarán durante a semana un localizador, onde recibirán os avisos das emerxencias que se produzan tanto na rede coma nos equipos existentes no servicio, debendo acudir, coa prestancia suficiente, ós ditos avisos.

As gardas semanais, de acordo co anteriormente descrito, serán obrigatorias e rotativas entre todo o persoal afecto ó cadro.

A prima por este servicio de garda semanal será o seguinte:

Persoal de rede: 3.500 ptas./día por sábado, domingo ou festivo traballado e o mesmo tempo de descanso na semana posterior á garda, e 3.000 ptas. semanais en concepto de dispoñibilidade, ademais da remuneración das horas extras efectivamente traballadas fóra do horario laboral.

Persoal de mantemento de equipos: 3.000 ptas./semana en concepto de dispoñibilidade, ademais da remuneración das horas extraordinarias efectivamente traballadas fóra do horario laboral.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais (40 horas) distribuídas segundo o seguinte horario:

De luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Os días de Noiteboa (24 de decembro) e fin de ano (31 de decembro), o horario de traballo será de 9 a 14 horas.

Artigo 15º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de trinta (30) días naturais, que se desfrutarán preferentemente no período abranguido entre o primeiro de abril e o trinta de setembro.

Para o desfrute das vacacións fixarase un calendario rotativo dentro de cada servicio, en función do período de desfrute previsto, que garante que ningún traballador poida verse discriminado. Sen embargo, o calendario definitivo recollerá aquelas modificacións propostas polos traballadores, e libremente pactadas entre eles, sempre que non afecten significativamente ó servicio ou sección ó que estean asignados.

A retribución en período vacacional será: salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

Artigo 16º.-Festas.

Terán consideración de festas todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da patrona. Se o primeiro de xuño fose día non laborable, cambiarase polo día laborable inmediatamente anterior.

Artigo 17º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

-15 días naturais en caso de casamento.

-2 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe ou fillos.

-2 días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe ou fillos.

-2 días naturais por nacemento de fillo.

-2 días naturais en caso de falecemento de pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou do seu cónxuxe.

-1 día por traslado de domicilio.

-1 día por asuntos propios, logo de aviso de 72 horas.

As licencias enténdense vinculadas ó feito causante, debéndose destrutar ó producirse este.

Artigo 18º.-Anticipos reintegrables.

Todo o persoal suxeito a este convenio poderá solicitar, con cargo ó fondo establecido neste artigo, anticipos reintegrables que serán concedidos pola dirección da UTE.

A forma de amortización será:

Unha mensualidade para amortizar en doce meses.

Dúas mensualidades para amortizar en vintecatro meses.

Establécense duascentas mil pesetas como cantidade máxima para solicitar por anticipo e solicitante.

Terán prioridade para a concesión dos anticipos reintegrables aqueles traballadores que non o solicitasen nunca, ou que, de telo feito, deixasen transcorrer máis tempo desde o pagamento da última amortización.

A empresa destinará a este fin a cantidade de cincocentas mil (500.000) pesetas.

Considéranse incluídas no fondo de cada ano as cantidades pendentes de reintegrar dos anticipos concedidos nos exercicios anteriores.

Artigo 19º.-Fondo social.

-O importe do fondo social para axuda de estudios, cultura, deporte, turismo social, etc., será de cento cincuenta mil (150.000) pesetas con destino a tódolos traballadores.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución e contía que se

vaí aplicar en cada caso, por proposta do delegado sindical.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

Subministraranse a todo o persoal a necesaria e habitual roupa de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

Camisa de manga longa: 2 ó ano.

Pantalón: 2 ó ano.

Calzado de seguridade: 1 par ó ano.

Anorac: 1 cada dous anos.

Chaqueta e pantalón: 2 ó ano.

Roupa de auga (cando o posto de traballo así o requira).

Botas de seguridade: 1 par ó ano.

Lavas de caucho: segundo as necesidades.

Botas de auga: 1 par ó ano.

Funda de traballo: 2 ó ano.

A utilización da roupa de traballo será obrigatoria durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente o primeiro de outubro para a roupa de inverno e o un de xuño para a roupa de verán.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que garante a cada traballador as seguintes indemnizacións.

a) No caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: 1.500.000 ptas.

b) No caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: 2.000.000 de ptas.

Artigo 22º.-Situación de incapacidade laboral

A empresa aboaralle a tódolos traballadores durante a situación de IT, derivada de accidente de traballo e desde o primeiro día, a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base máis antigüidade e participación en beneficios.

De igual forma, complementarase ata o 100% do salario base e maila antigüidade e participación en beneficios, nos casos de hospitalización e mentres dure esta. A dita situación deberase acreditar de maneira fidedigna para xera-lo dereito a este complemento.

Artigo 23º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto de que un traballador, con ou sen a categoría de conductor, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo o seu cometido a función que lle foi asignada, retiraráselle provisionalmente o permiso de conducir, a empresa acomodarao a outro posto de traballo adecuado ás súas facultades e respectaráselle a retribución da súa categoría profesional, por un máximo de 2 anos. O remate da suspensión será reintegrado ó seu posto de traballo.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa de retirada do permiso de conducir se deba a imprudencia temeraria, embriaguez ou drogadicción ou cando exista reincidencia.

Artigo 24º.-Seguridade e hixiene.

Dada a importancia que recoñecen os asinantes na prevención de accidentes, engádese este capítulo. Considerando ámbalas partes a abriga de aplica-la lexislación sobre seguridade e hixiene vixente, para este efecto, a dirección e a representación legal dos traballadores velará polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias.

Todo traballador será recoñecido polo menos unha vez ó ano. O resultado destes recoñecementos facilitaráselle a cada traballador de forma clara e lexible para el.

A dirección da empresa adoptará as medidas de seguridade e hixiene pertinentes como consecuencia do control do lugar do traballo, das instalacións e medios que pon ó dispor dos traballadores. Estas medidas de protección afectarán igualmente ós traballadores, obrigándose a traballar cos medios facilitados así como coidar que os locais e instrumentos de traballo se encontren en perfectas condicións, debendo poñer en coñecemento da dirección da empresa, as anomalías que se detecten para que esta adopte as medidas oportunas.

Artigo 25º.-Cota sindical.

A empresa, logo de solicitude do interesado, efectuará as retencións pertinentes por cota sindical.

Artigo 26º.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio serán sometidas á comisión paritaria que estará constituída por un representante designado polos traballadores e un representante designado pola dirección da empresa.

O representante da dirección da empresa e a representación dos traballadores deberán ter formado parte da comisión negociadora respectiva no convenio.

Tódolos conflictos, tanto individuais como colectivos que puidesen xurdir durante a vixencia do presente convenio, deberán someterse, como trámite previo e preceptivo, ó dictame desta comisión.

Artigo 27º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido no presente convenio, haberá que atarse ó disposto na ordenanza de traballo das industrias de captación, elevación, conducción, tratamento e distribución (augas), Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes aplicables.

Cláusula adicional.

Ós traballadores que demostrasen as súas capacidades profesionais, idoneidade para o posto e dedicación mediante un contrato temporal previo, unha vez rematado este, formalizaráselles un contrato de obra ou servicio determinado polo período de tempo que dure a concesión do servicio.

Definición de categorías.

Persoal técnico e administrativo.

Xefes de servicio.

Son os que posuíndo a capacidade e coñecementos adecuados teñen delegada baixo o seu mando e responsabilidade a dirección ou inspección (ou ámbalas funcións) da explotación.

Oficiais de segunda administrativos.

Son os empregados que, con perfecto coñecemento do traballo de categoría inferior e ás ordes dun xefe ou oficial, desenvolven traballos de mediana responsabilidade, tales como confección de nóminas, control e liquidación de efectos ó cobro, operacións de contabilidade, transcrición a libros ou outros medios, organización de arquivos ou ficheiros e demais traballos auxiliares.

Auxiliares administrativos.

Son os que axudan os seus superiores en traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales como mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, custos e preparación de recibos e cargos, etc.

Lectores.

Son os que anotan o consumo sinalado polos contadores dos aboados nos rexistros da empresa ou entidade e cedernos ou outros medios que obren en poder daqueles, realizando o conxunto de operacións de restas, renovación de cadernos de aboados e similares, que conforme as normas e costumes propios da organización de cada empresa, son necesarias e oportunas para proceder á ulterior facturación de subministracións, debendo dar conta ós seus superiores das anomalías que observen con motivo das lecturas de contadores.

Cando non realicen o seu traballo normal de lectura poderáselle encomendar na oficina traballos de repaso, comprobación e similares do conxunto de operacións que constitúen o seu labor habitual, podendo efectuar entrega de correspondencia ou notificacións relacionadas coas subministracións.

Persoal operario.

Oficiais de segunda.

Integran esta categoría aqueles operarios que, sen chegar á especialidade esixida para o traballo máis perfecto, executan coa suficiente corrección e eficacia tarefas de carácter xeral ou específicas nos talleres, nas instalacións de producción ou na rede de distribución.

Este persoal poderá estar actuando ás ordes de persoal de superior categoría, ou ter ó seu cargo persoal de categoría inferior cando o cometido asignado non sexa de maior responsabilidade.

Oficiais de terceira.

Considérase como tales os que, coa formación profesional elemental das funcións que integran un ofi

cio, executan os traballos acorde coa referida formación, baixo a dirección ou encargo dun superior.

Peóns especialistas.

Son os empregados que con determinados coñecementos dunha especialidade a executan e axudan ós oficiais.

Peóns.

Son os obreiros que para o desempeño das súas funcións só aportan o seu esforzo físico e non precisan práctica previa nin coñecementos de ningunha especialidade.

ACTA FINAL

Asistentes.

-Pola parte económica:

Alberto Gutiérrez Montoliú.

Andrés F. Mariño Vilar.

Antonio Carballido Parga.

-Pola parte social:

Antonio Castiñeiras Vázquez.

-Asesor:

Manuel Lores Lago.

Antonio A. Rey Breijo.

Reunidos na sede social da delegación en Vigo, r/ Uruguai, 11, a comisión negociadora de convenio colectivo, composta polas persoas que a continuación se relacionan, acordan aproba-lo texto do convenio colectivo que se xunta, e en proba de conformidade, asinan a presente acta o vintedous de marzo de mil novecentos noventa e cinco.