Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 10 de maio de 1995 pola que se establecen normas para a constitución do Consello Galego de Servicios Sociais e dos Consellos Provinciais de Servicios Sociais.

Os artigos 40 e 41 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais configuran, respectivamente, o Consello Galego de Servicios Sociais como o órgano superior consultivo e de participación da Comunidade Autónoma no eido dos servicios sociais e os

Consellos Provinciais de Servicios Sociais como órganos consultivos e de participación en materia de servicios sociais no ámbito provincial, con análoga composición e funcións que o Consello Galego de Servicios Sociais no que resulte aplicable, remitindo en ámbolos dous casos o seu desenvolvemento a unha posterior disposición de carácter regulamentario.

Cumprindo o mandado legal dos devanditos artigos, o Decreto 336/1994, do 27 de outubro, desenvolve a referida lei no relativo ós consellos de servicios sociais, e establece nos seus artigos 4 e 16 a composición do Consello Galego de Servicios Sociais e dos Consellos Provinciais de Servicios Sociais.

Na presente orde, recollendo unha representación das entidades, en función do número de centros de que dispoñan, establécense as normas e prazos que deberán rexe-lo procedemento para a designación ou elección, segundo o caso, e posterior nomeamento dos vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos Consellos Provinciais de Servicios Sociais.

En virtude do exposto, de acordo co establecido na disposición derradeira primeira do referido decreto e facendo uso das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

I. CONSTITUCIÓN DO CONSELLO GALEGO DE

SERVICIOS SOCIAIS

Artigo 1º

1.1. Para proceder á constitución do Consello Galego de Servicios Sociais, de acordo co disposto no artigo 4 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, os órganos e entidades que a continuación se relacionan deberán designa-los seus representantes no Consello Galego de Servicios Sociais, así como un suplente por cada un deles, no prazo de un mes dende a publicación da presente orde.

a) Consellería da Presidencia e Administración Pública: un representante.

b) Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: un representante.

c) Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: un representante.

d) Consellería de Familia, Muller e Xuventude: un representante.

e) Órganos de representación das corporacións locais: seis representantes que se designarán en número de tres por cada unha das dúas federacións galegas de entidades máis representativas da Comunidade Autónoma, que se repartirán do seguinte xeito:

-Un representante das deputacións provinciais que será designado pola Federación Galega de Municipios e Provincias.

-Tres representantes dos concellos cunha poboación superior a 20.000 habitantes designados un pola Federación Galega de Municipios e Provincias e dous pola Federación de Concellos Galegos.

-Dous representantes dos concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes designados un pola Federación Galega de Municipios e Provincias e un pola Federación de Concellos Galegos.

f) Unión Xeral de Traballadores (UXT): dous representantes; Comisións Obreiras (CC.OO.): un representante e Confederación Intersindical Galega (CIG): un representante; como organizacións sindicais máis representativas na Comunidade Autónoma.

g) Confederación de empresarios de Galicia: catro representantes.

h) Cruz Vermella Española: un representante.

i) Cáritas Diocesana: un representante.

l) Colexio Oficial de Psicólogos: un representante.

m) Colexio Oficial de Sociólogos: un representante.

n) Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais: un representante.

1.2. Así mesmo, e de acordo co disposto no artigo 4 D) do citado decreto, o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, por proposta do director xeral de Servicios Sociais, nomeará un secretario e un suplente entre os funcionarios do departamento.

Artigo 2º

Para a designación dos vocais en representación das entidades prestadoras de servicios sociais que estean inscritas nos rexistros regulados polo Decreto 95/1994, do 8 de abril, establécese o seguinte procedemento:

Primeiro.-Os vocais que se elixirán serán os seguintes:

a) Dous en representación das entidades que actúen na área da familia, infancia e xuventude, correspondéndolle un á familia e infancia e outro á xuventude. Efectuarase a elección por separado.

b) Tres en representación das que actúen no ámbito das minusvalideces, correspondéndolle un ás dedicadas ás minusvalideces psíquicas, outro ás físicas, e outro ás sensoriais. A elección efectuarase por separado.

c) Dous en representación daquelas que actúen na área da vellez, conrespondéndolle un ás entidades que non dispoñan de centros asistenciais e outro ás que dispoñan deles, efectuándose a elección por separado.

d) Un en representación das entidades que actúan no ámbito da muller.

e) Un en representación das entidades que actúen nas áreas de drogodependencias e alcoholismo, minorías étnicas, delincuencia, reinserción de ex-internos ou outras problemáticas de marxinación social.

f) Un en representación das entidades veciñais.

Segundo.

1. Poderán participar na elección as entidades inscritas nos rexistros de entidades prestadoras de servicios sociais que se relacionan no anexo I.

Cada entidade inscrita que conte con un ou con ningún centro terá dereito a un voto e un máis por cada centro adicional do que dispoña.

2. O número de votos que lle corresponde a cada unha delas, que se establecen en función do número de centros de que dispoñen, é o recollido tamén no anexo I á presente orde.

Terceiro.-As entidades que desexen presentar candidato a algún dos postos que polo seu ámbito funcional lle corresponda, deberán facelo no prazo de quince días naturais desde a publicación da presente orde. As candidaturas deberán presentarse en sobre pechado e dirixido á Dirección Xeral de Servicios Sociais, no rexistro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nos das respectivas delegacións provinciais dela, ou ben de calquera dos xeitos sinalados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, indicando no exterior do sobre presentación de candidaturas para o Consello Galego de Servicios Sociais.

Cuarto.-Para poderen ser proclamadas como tales, as candidaturas deberán ir propostas polo menos por tres entidades inscritas nos devanditos rexistros, sen que cada unha delas poida subscribir máis de unha proposta de candidatura.

As propostas de candidaturas que non se avalasen tal como se sinala no parágrafo anterior e as presentadas fóra de prazo, así como as de entidades que non figuren inscritas nos devanditos rexistros, quedarán excluídas automaticamente, non podendo optar á elección.

A presentación de candidaturas, así como as propostas que deben acompañalas, deberán remitirse nun único sobre e conforme os modelos oficiais que se publican como anexo II e III, respectivamente.

Artigo 3º

Para a designación do vocal en representación das asociacións que velen polos intereses dos usuarios de centros e servicios sociais seguiranse as seguintes regras:

Primeira.-O vocal será elixido polas asociacións de consumidores e usuarios de Galicia que se atopen inscritas no Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios, creado polo Decreto 95/1984, do 24 de maio, na data da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde. Cada asociación terá un voto.

Segunda.-Para os efectos do disposto no apartado anterior, as devanditas asociacións deberán presenta-las súas candidaturas no prazo de 15 días naturais desde a publicación da presente orde, no modelo oficial que se publica como anexo IV. Cada asociación poderá presentar un candidato. As candidaturas deberán presentarse en sobre pechado e dirixido á Dirección Xeral de Servicios Sociais no rexistro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nos das respectivas delegacións provinciais dela, ou ben de calquera dos xeitos sinalados no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, indicando no exterior do sobre presentación de candidaturas para o Consello Galego de Servicios Sociais.

Artigo 4º

4.1. Para os efectos dos artigos 2 e 3, no prazo de quince días naturais, a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais procederá a examina-las propostas presentadas, excluíndo aquelas que non reúnan os requisitos sinalados, e a proclama-los candidatos, que se publicará no Diario Oficial de Galicia para que no prazo de quince días naturais desde a súa publicación emitan o seu voto as entidades en xeral e asociacións de consumidores, conforme o modelo que se publica como anexo V e VI, respectivamente, á presente orde, en sobre pechado, presentados na mesma forma que se indica no procedemento para a presentación de candidaturas, debendo figurar o seguinte enderezo:

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

Dirección Xeral de Servicios Sociais

Elección de vocais para o Consello Galego de Servicios Sociais.

Edificio administrativo San Caetano, s/n.

15771-Santiago de Compostela.

4.2. Resultarán elixidos vocais titulares os candidatos que acaden a maioría dos votos validamente emitidos dentro de cada sector, sendo elixidos como suplentes os candidatos que obteñan un número de votos inmediatamente inferior ó do gañador.

En caso de empate, será designado, en ámbolos dous supostos, o candidato que fose proposto polo maior número de entidades ou asociacións inscritas. De persisti-lo empate, resolverase a favor da entidade con data de constitución máis antiga.

Transcorridos dez días naturais desde o remate do prazo para votar, efectuarase a apertura dos sobres que conteñen o voto, en acto público, no que estarán presentes tres funcionarios da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Consideraranse nulos tódolos votos que non se emitan no modelo oficial ou aqueles que conteñan riscaduras, raspaduras ou emendas.

Unha vez rematado o escrutinio dos votos, a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais publicará os resultados definitivos das eleccións, proclamando os candidatos electos, así como os seus suplentes, que serán nomeados vocais do Consello Galego de Servicios Sociais polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, na súa calidade de presidente deste, publicándose no Diario Oficial de Galicia tal como establece o artigo 5.3º do Decreto 336/1994, en relación co seu artigo 4.

II. CONSTITUCIÓN-DOS CONSELLOS PROVIN-

CIAIS DE SERVICIOS SOCIAIS

Artigo 5º

5.1. Para proceder á constitución dos Consellos Provinciais de Servicios Sociais de acordo co dis

posto no artigo 16 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, os órganos e entidades que a continuación se relacionan deberán designa-los seus representantes nos respectivos consellos provinciais, así como un suplente por cada un deles, no prazo de un mes desde a publicación da presente orde.

a) A Consellería da Presidencia e Administración Pública: un representante.

b) Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: un representante.

c) Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: un representante.

d) Consellería de Familia, Muller e Xuventude: un representante.

e) Órganos de representación das corporacións locais: dous representantes designados do seguinte xeito:

1. Un representante da deputación provincial designado pola mesma.

2. Un representante dos concellos designado pola federación mais representativa dos mesmos na provincial.

f) Unión Xeral de Traballadores (UXT): un representante, Comisións Obreiras (CC.OO): un representante, e Confederación Intersindical Galega (CIG): un representante.

g) Organizacións empresariais máis representativas na provincia: tres representantes.

h) Cruz Vermella Española: un representante.

i) Cáritas Diocesana: un representante.

l) Colexio Oficial de Psicólogos: un representante.

m) Colexio Oficial de Sociólogos: un representante.

n) Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais: un representante.

5.2. Así mesmo, e de acordo co disposto no artigo 16 D do citado decreto, os delegados provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nomearán un secretario e un suplente deste por cada delegación provincial.

Artigo 6º

Para a designación dos vocais en representación das entidades prestadoras de servicios sociais na correspondente provincia establécese o seguinte procedemento:

Primeiro.-Os vocais que se elixirán serán os seguintes:

a) Tres en representación das entidades prestadoras de servicios sociais elixidos entre as entidades inscritas nos rexistros regulados polo Decreto 95/1994, do 8 de abril.

b) Un en representación das entidades veciñais, elixido entre as entidades inscritas nos devanditos rexistros.

Segundo.

1. Poderán participar na elección tódalas entidades inscritas nos rexistros de entidades prestadoras de servicios sociais que se relacionan no anexo I.

Cada entidade inscrita que conte con un ou con ningún centro terá dereito a un voto e un máis por cada centro adicional do que dispoña.

2. O número de votos que lle corresponde a cada unha delas, que se establece en función do número de centros de que dispoñan, é o recollido tamén no anexo I á presente orde.

Terceiro.-As entidades que desexen presentar candidato a algún dos postos que polo seu ámbito funcional lle corresponda, deberán facelo no prazo de quince días naturais desde a publicación da presente orde. As candidaturas deberán presentarse en sobre pechado e dirixido á Dirección Xeral de Servicios Sociais, no rexistro da delegación provincial correspondente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou ben de calquera dos xeitos sinalados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, indicando no exterior do sobre «presentación de candidaturas para os Consellos Provinciais de Servicios Sociais».

Cuarto.-Para poderen ser proclamadas como tales, as candidaturas deberán ir propostas polo menos por tres entidades inscritas nos devanditos rexistros, sen que cada unha delas poida subscribir máis de unha proposta de candidatura.

As propostas de candidaturas que non se avalasen tal como se sinala no parágrafo anterior e as presentadas fóra de prazo, así como as de entidades que non figuren inscritas nos devanditos rexistros, quedarán excluídas automaticamente, non podendo optar á elección.

A presentación de candidaturas, así como as propostas que deben acompañalas, deberán remitirse nun único sobre e conforme os modelos oficiais que se publican como anexo II e III, respectivamente.

Artigo 7º

Para a designación do vocal en representación das asociacións que velen polos intereses dos usuarios de centros e servicios sociais dentro da respectiva provincia seguiranse as seguintes regras:

Primeira.-O vocal será elixido polas asociacións de consumidores e usuarios de Galicia que se atopen inscritas no Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios, creado polo Decreto 95/1984, do 24 de maio, na data da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde. Cada asociación terá un voto.

Segunda.-Para os efectos do disposto no apartado anterior, as devanditas asociacións deberán presenta-las súas candidaturas no prazo de 15 días naturais desde a publicación da presente orde, no modelo oficial que se publica como anexo IV. Cada asociación poderá presentar un candidato As candi

daturas poderán ser presentadas no rexistro da delegación provincial correspondente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou ben de calquera dos xeitos sinalados no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, indicando no exterior do sobre «presentación de candidaturas para os Consellos Proviciais de Servicios Sociais».

Artigo 8º

8.1. Para os efectos dos artigos 6 e 7, no prazo de quince días naturais, a delegación provincial correspondente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais procederá a examina-las propostas presentadas, de acordo co procedemento que para o Consello Galego de Servicios Sociais se determina no artigo 4 da presente orde, se ben para a emisión do voto deberá figurar no sobre pechado o seguinte enderezo:

-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

Dirección Xeral de Servicios Sociais

Elección de vocais para o Consello Provincial de Servicios Sociais.

Edificio administrativo San Caetano s/n.

15771 Santiago de Compostela

Disposicións adicionais

Primeira.-Para os efectos do sinalado na presente orde non se considerarán centros os locais dedicados exclusivamente a oficinas aqueles nos que simplemente se leven a cabo tarefas administrativas.

Segunda.-Para os efectos de facilita-lo exercicio do dereito ó voto das entidades inscritas no rexistro, as consellerías de Sanidade e Servicios Sociais e de Familia, Muller e Xuventude porán á disposición das que o soliciten os datos relativos ó enderezo daquelas.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 14 de xuño de 1990 pola que se establecían normas para a constitución do Consello Galego de Servicios Sociais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Servicios Sociais para dicta-las disposicións necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1995.

José M. Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais