Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 02 de xuño de 1995 Páx. 4.102

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995 pola que se convocan quince cursos de protección civil de segundo nivel sobre loita contra incendios urbanos e forestais, dirixidos ós membros das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, que previamente superasen o curso básico.

Dentro do programa de actividades que a Academia Galega de Seguridade en colaboración coa Secretaría Xeral para a Protección Civil ten previsto realizar no ano 1995, conforme as funcións que ten encomendadas pola Orde do 22 de abril de 1994, pola que se regula a formación do persoal voluntario de protección civil, anúnciase a celebración de quince cursos de protección civil de segundo nivel sobre loita contra incendios urbanos e forestais, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Dota-lo persoal voluntario de protección civil que asiste ós cursos dunha formación teórico-práctica que lle permita realizar satisfactoriamente as tarefas que teñen encomendadas.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros das agrupacións de voluntarios de protección civil da Comu

nidade Autónoma de Galicia, que previamente superaran o curso básico.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nestes cursos deberán presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 20 de xuño de 1995.

3. As instancias serán enviadas polo presidente da agrupación correspondente á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, s/n, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido.

O contido dos cursos de segundo nivel sobre loita contra incendios urbanos e forestais divídese en catro partes:

a) Conceptos xerais.

b) Incendios urbanos.

c) Incendios forestais.

d) Primeiros auxilios.

Duración e datas.

Os cursos celebraranse no segundo semestre do ano 1995 e terán unha duración de 40 horas lectivas.

As datas deles serán en función das solicitudes feitas para cada curso.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 29 de xuñó de 1995 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade e no da Secretaría Xeral para Protección Civil, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos (981) 56 34 00 ou ben (981) 54 60 00.

Lugar.

Determinarase en función das solicitudes recibidas.

Certificado de aproveitamento.

O remate dos cursos entregaráselle un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a eles, e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1995.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade