Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública dun proxecto de urbanización na rúa San Gregorio.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 3 de maio de l995, o proxecto de urbanización na rúa San Gregorio (3573/401), presentado por Promociones Luis Estévez Comesaña, S.L. e redactado polo arquitecto Roberto Laguna Fondovila, deberá fixarse o prazo máximo de execución do proxecto de urbanización da rúa nas súas dúas fases que, en todo caso, non poderá exceder de dous anos desde a súa aprobación definitiva; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anun

cios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

De non presentarse ningunha alegación na exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente. Coa aprobación definitiva do proxecto de urbanización iniciarase o expediente expropiatorio para executa-lo vial.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 16 de maio de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde