Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do complementario do proxecto de urbanización Rosalia de Castro 1.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 31 de marzo de 1995, o complementario do proxecto de urbanización Rosalía de Castro 1, redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García e visado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, con data do 7 de marzo de 1995, sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles, con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, El Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificacións individuais.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

De non presentarse ningunha alegación na exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 17 de abril de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde