Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

BASES para a provisión, en propiedade, de dúas prazas de garda da policía local.

1. Obxecto da convocatoria.

1.1. O obxecto da presente convocatoria é a provisión en propiedade de dúas prazas de garda da policía local, encadradas, de conformidade co Real decreto lexislativo 781/1986, na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e os seus auxiliares, grupo D, incluídas na oferta de emprego público correspondente ó ano 1995, a cubrir polo sistema de oposición libre.

1.2. As prazas obxecto desta convocatoria están dotadas cos haberes básicos correspondentes ó grupo D e demais emolumentos que correspondan conforme a lexislación vixente.

1.3. Corresponderalles ós funcionarios que obteñan a praza o exercicio das funcións previstas na lexislación de réxime local, na Lei 2/1986, do 13 de marzo, de corpos e forzas de seguridade do Estado, e na Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia.

2. Lexislación aplicable.

A presente oposición rexerase polo establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril; no Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; na Lei 30/1984, do 2 de agosto; no Real decreto 2223/1984, do 19 de decembro; na Lei 2/1986, de corpos e forzas de seguridade do Estado; na Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia; e nas bases desta convocatoria e demais disposicións que lle sexan de aplicación.

3. Requisitos dos candidatos.

Para ser admitidos ás probas selectivas precisarase reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español ou cidadán membro dun estado da Comunidade Económica Europea, nos termos da Lei 7/1993, do 23 de decembro.

b) Ter cumpridos os 18 anos e non pasar dos 30.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao, ou titulación equivalente.

d) Estar en condicións psicolóxicas adecuadas para o desempeño do dito cargo, e non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das correspondentes funcións.

e) Ter unha estatura mínima de 1,70 metros no caso dos homes, e 1,65 metros no caso das mulleres.

f) Estar en posesión dos permisos de conducir da clase A2 e B2.

g) Non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade que determinan as disposicións vixentes, nin ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, comunidades autónomas ou entidades locais.

Tódolos requisitos anteriormente relacionados deberán posuílos os aspirantes no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias.

4. Solicitudes.

4.1. Formas. Os que desexen tomar parte no presente proceso selectivo deberán presentar solicitude no modelo oficial, que se facilitará na oficina de rexistro deste concello, facendo constar expresamente que:

a) Reúne todos e cada un dos requisitos da convocatoria.

b) Se compromete, no caso de obte-la praza, a xurar ou prometer lealtade a El-Rei, respecto ós dereitos da persoa e estricta observancia da lei.

4.2. As instancias dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Sarria, e con elas presentarase xustificante de ter ingresado na depositaría municipal deste concello os dereitos de exame.

4.3. Dereitos de exame. Os solicitantes deberán ingresar na depositaría deste concello a cantidade de 2.000 pesetas en concepto de dereitos de exame.

4.4. Lugar de presentación. As solicitudes presentaranse no rexistro de entrada do Concello de Sarria.

Tamén poderán presentarse na forma establecida no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.5. Prazo de presentación. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

5. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará constituído da seguinte forma:

Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

Vocais:

-Un representante da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-O xefe da Policía Local de Sarria.

-Un funcionario de carreira, de titulación igual ou superior á esixida para a praza obxecto desta convocatoria, nomeado a proposta dos delegados de persoal.

-O secretario da corporación, quen tamén actuará como secretario do tribunal.

Para cada un dos membros do tribunal designarase un suplente.

O tribunal non poderá actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

O nomeamento das persoas que han de integra-lo tribunal cualificador realizarase por resolución da alcaldía, vistas as propostas formuladas polos organismos correspondentes.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándo ó alcalde, cando concorra algunha das causas previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os membros do tribunal terán dereito pola súa concorrencia ás sesións, ó aboamente de asistencias, na contía regulamentariamente establecida.

O tribunal poderá solicita-la axuda doutras persoas, funcionarios ou non, co obxecto de que polas mesmas se preste asesoramento sobre a valoración das probas que se van realizar, aboándolle-las indemnizacións que correspondan.

6. Admisión de candidatos, nomeamento do tribunal e determinación da data de comezo dos exercicios.

6.1. Para ser admitido á práctica das probas selectivas bastará con que os aspirantes manifesten nas súas instancias que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base 3 e xustifiquen que aboaron os dereitos de exame.

6.2. Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, os aspirantes serán convocados para efectua-lo recoñecemento médico e medición a que se refiren os apartados d) e e) da base 3. O que non se presentase ó mesmo será excluído, así como os que non acaden a estatura mínima esixida ou os que non sexan declarados aptos de acordo co cadro de exclusións médicas do anexo III.

6.3. Efectuado o anterior, o alcalde-presidente do Concello de Sarria dictará resolucións, polas que:

a) Se declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, na que se fará consta-lo nome, apelidos e documento nacional de identidade dos opositores, indicando, se é o caso, as causas de exclusión daqueles que fosen declarados excluídos. De non producirse reclamacións contra a lista provisional, esta quedará elevada a definitiva.

b) Se nomeee, de acodo coas precedentes bases, as persoas que han de formar parte do tribunal cualificador.

c) Se determine o lugar, hora e data do comezo dos exercicios.

Estas resolucións serán publicadas no BOP, e servirán de emprazamento ós opositores para o comezo das probas selectivas. Os anuncios da celebración das restantes probas publicaranse, sucesivamente, no taboleiro de anuncios do concello.

O tribunal acordará a data, hora e lugar na que se efectuará o sorteo que determine a orde de actuación dos opositores naquelas probas que non poidan

realizarse conxuntamente, publicándose o resultado no BOP.

7. Procedemento de selección.

Primeiro exercicio.

Exame psicotécnico. Este exercicio terá carácter obrigatorio e eliminatorio, e irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do aspirante, así a personalidade e actitude máis adecuada á función a desenvolver. A duración desta proba será determinada polo tribunal.

Os aspirantes que sexan seclarados «non aptos» polo tribunal quedarán eliminados do procedemento selectivo.

Segundo exercicio.

De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización das seguintes probas físicas, todas elas eliminatorias:

a) Carreira de velocidade: consistirá en percorre-la distancia de 50 metros, puntuándose o tempo realizado segundo o baremo recollido no anexo II, quedando eliminados os aspirantes que non o realicen no tempo máximo establecido.

b) Carreira de fondo: consistirá en percorre-la distancia de 1.000 metros, puntuándose o tempo realizado segundo o baremo recollido no anexo II, quedando eliminados os aspirantes que non o realicen no tempo máximo establecido.

c) Salto vertical: o aspirante, co brazo dereito estendido e os pés xuntos, realizará unha marca na parede, posteriormente e cun impulso realizará outra marca, medíndose para a puntuación a distancia entrámblas dúas, segundo o baremo establecido no anexo II. Cada aspirante realizará dous intentos, puntuándose a mellor marca obida.

d) Lanzamento de balón medicinal: o aspirante, colocado detrás dunha liña e cos pés xuntos, lanzará por enriba da cabeza, sen desprazamento do corpo, un balón medicinal de 5 quilos para homes e 3 para mulleres, puntuándose o lanzamento segundo o baremo que figura no anexo II. Cada aspirante poderá realizar dous intentos, puntuándose a mellor marca obtida.

e) Proba de abdominais: deitado no chan coas dúas pernas semi-dobradas e os pés suxeitos no terceiro chanzo da espaldeira, o examinado levantarase co tronco e coas mans tocará o quinto chanzo da espaldeira volvendo á posición inicial e repetindo o ciclo tantas veces como lle sexa posible, durante un minuto, puntuándose segundo o cadro recollido no anexo II.

f) Rubida de corda: consistirá en rubir por unha corda sen impulso e a pulso, ou sexa, sen axuda dos pés, ata unha altura de 5 metros en homes e 4,5 metros en mulleres. A cualificación desta proba será de «apto» ou «non apto».

g) Forza flexora: desde a posición de suspensión pura, coas palmas á fronte, total extensión de brazos, realizaranse flexións asomando o queixo por riba da barra e estendendo totalmentee os brazos sen

que se permita o balanceo do corpo ou axudarse con movementos de pernas, puntuándose segundo o baremo do anexo II.

h) Proba de natación: consistirá en percorrer a nado a distancia de 50 metros, estilo libre, sen interrupción no percorrido. A cualificación desta proba será de «apto» ou «non apto».

Tódolos aspirantes realizarán abrigatoriamente tódalas probas, debendo obter puntuación igual ou superior á mínima esixida en cada unha para poderen pasar á seguinte. A puntuación mínima coincidirá coa puntuación de 5 do anexo II.

Terceiro exercicio.

De carácter obrigatorio. Consistirá na realización das seguintes probas:

a) Resolver dous problemas aritméticos, formulados ó nivel da titulación esixida nesta convocatoria polo tribunal, inmediatamente antes da celebración da proba.

A duración máxima desta proba será de 30 minutos.

b) Escribir ó dictado un texo seleccionado ou redactado polo tribunal. O tempo máximo desta proba será de 20 minutos.

c) Redactar un parte de denuncia ou de atestado sobre un ou máis supostos formulados polo tribunal.O tempo máximo desta proba será de 45 minutos.

Cuarto exercicio.

De carácter obrigatorio para tódolos aspirantes que superasen o anterior. Consisitirá en contestar verbalmente, nun período de trinta minutos, dous temas extraídos ó chou polo opositor, de entre os que figuran no programa do anexo I da convocatoria.

Quinto exercicio.

De carácter obrigatorio. Consistirá na traducción ó idioma castelán dun texto redactado en galego, e traducción a este idioma dun texto redactado en castelán.

O tribunal poderá requirir, en calquera momento, ós aspirantes para que acrediten a súa identidade, polo que deberán acudir a tódolos exercicios provistos do documento nacional de identidade.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, salvo casos de forza maior, invocados ante o tribunal con anterioridade á celebración do exercicio de que se trate, e debidamente xustificados e apreciados con absoluta liberdade de criterio polo tribunal. A non presentación dun opositor a calquera dos exercicios, no momento de ser chamado, determinará a súa exclusión automática do procedemento selectivo.

8. Cualificación dos exercicios.

Os exercicios serán eliminatorios e cualificaranse de 0 a 10 puntos. Serán eliminados, se é o caso, os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos en calquera dos ditos exercicios.

A cualificación de cada exercicio será o cociente que resulte de dividi-la suma das puntuacións outorgadas polos distintos membros de tribunal, entre o número dos membros deste que asistan a reunión de cualificación.

9. Cualificación definitiva.

A cualificación definitiva dos aspirantes que superaran tódolos exercicios estará constituída pola suma das cualificacións obtidas por cada un deles nos distintos exercicios da oposición. A orde de colocación dos aspirantes na lista de aprobados establecerase de maior a menor puntuación.

10. Relación de aprobados.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará, no taboleiro de anuncios do concello, a relación de aprobados, quedando eliminados os aspirantes que, tendo superados os exercicios, excedan do número de prazas convocadas. A orde de colocación dos aspirantes na lista de aprobados establecerase de maior a menor puntuación, segundo a obtida nos exercicos. Os casos de empate resolveranse atendendo á maior idade dos aspirantes. Esta relación será elevada polo tribunal, xunto coa acta da última sesión celebrada por éste, á alcaldía.

11. Presentación de documentos.

11.1. Os aspirantes aprobados presentarán na oficina de rexistro do concello os documentos que se relacionan, acreditativos de que reúnen as condicións de capacidade e os requisitos esixidos na convocatoria:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade, que deberá presentarse acompañado do orixinal, para a súa compulsa.

b) Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentarse acompañada do orixinal para a súa compulsa), do título de graduado escolar, título superior ou equivalente do que estea en posesión o aspirante. No suposto de que se alegue estar en posesión dun título equivalente ó de graduado escolar, deberá achegarse certificación do órgano competente acreditativa da equivalencia alegada.

c) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións. O dito certificado deberá ser expedido pola Xefatura Provincial de Sanidade.

d) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, nin encontrarse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

e) Copia autenticada ou fotocopia (acompañada do orixinal para a súa compulsa) do permiso de conducir das clases A2 e B2.

f) Certificado de antecedentes penais.

11.2. Os que tivesen a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustificar as condicións e requisitos xa acreditados para obteren o seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente

certificación do ministerio ou organismo de que dependan, acreditativa da súa condición de funcionario, e das demais circunstancias que consten no seu expediente persoal.

11.3. O prazo de presentación dos anteriores documentos será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da relación de aprobados no taboleiro de anuncios do concello.

11.4. Os que dentro do prazo indicado, e salvo casos de forma maior, non presentasen a documentación esixida, non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que puideran incorrer por falsidade na instancia.

12. Nomeamento e toma de posesión.

O alcalde-presidente do Concello de Sarria nomeará funcionarios en prácticas os aspirantes que, incluídos na relación de aprobados, presentasen a documentación esixida.

13. Curso de formación.

Os opositores que sexan nomeados funcionarios en prácticas deberán superar un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Os aspirantes que non superen o curso de formación poderán incorporarse ó inmediatamente posterior, e de non superalo perderán tódolos seus dereitos ó nomeamento de funcionarios de carreira. Quen supere o curso selectivo será nomeado definitivamente funcionario de carreira.

Durante o período de prácticas terán dereito ás retribucións estableciadas no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro.

ANEXO I

TEMARIO DO CUARTO EXERCICIO

Tema 1. A constitución española de 1978: significado e estructura. Principios xerais. Reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Defensor do Pobo.

Tema 3. A organización do Estado na Constitución. A Coroa. As atribucións de El-Rei. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento.

Tema 4. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas. A Administración local.

Tema 5. A organización da Administración pública no ordenamento español. A Administración do Estado. A organización ministerial. O presidente do Goberno. Os ministros.

Tema 6. A constitución das comunidades autónomas, competencias. Estatuto de autonomía: procedemento de elaboración. Contido e valor normativo. O sistema institucional das comunidades autónomas.

Tema 7. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 8. A Xunta de Galicia e o seu presidente. Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 9. O procedemento administrativo: fases. Comunicacións e notificacións.

Tema 10. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 11. Organización e competencias municipais.

Tema 12. Os regulamentos e ordenanzas locais. Procemento de elaboración e aprobación.

Tema 13. O persoal ó servicio das entidades locais: concepto de funcionario. Clasificación. Persoal eventual e persoal laboral.

Tema 14. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenación de gastos e ordenación de pagamentos. Os orzamentos locais.

Tema 15. Funcionamento. Uniformidade. Dereitos e deberes dos policías locais. Réxime disciplinario.

Tema 16. A Lei orgánica 2/1986, de forzas e corpos de seguridade do Estado. Disposicións xerais. Principios básicos. Disposicións estatutarias comúns. A policía local. Funcións. Especial referencia á protección civil. As xuntas locais de seguridade.

Tema 17. A Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia. Normas básicas de estructura. Organización e actuacións das policías locais. Ingreso, promoción e mobilidade. Réxime estatutario.

Tema 18. A Lei 1/1992, sobre protección da seguridade cidadá. Acción preventiva e vixilancia. Seguridade cidadá. Réxime de sancións.

Tema 19. Dereito procesual penal. Concepto. A Lei de axuizamento criminal. O atestado policial. A detención. O depósito de detidos. A asistencia letrada ó detido. O habeas corpus.

Tema 20. O delicto e a falta. Diferencias obxectivas e procesais. Circunstancias modificativas. Especial referencia ás circunstancias eximentes, atenuantes e agravantes. A lexítima defensa. Cumprimento do deber e obediencia debida. Abuso de superioridade.

Tema 21. Delictos contra as persoas. Delictos contra a honestidade. Delictos contra a liberdade e a seguridade. Delictos contra a propiedade. Especial consideración da detención ilegal. A entrada e rexistro en lugares pechados.

Tema 22. Delictos dos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos. Especial referencia ós delictos de prevaricación e suborno, desobediencia e denegación de auxilio. Responsabilidade obxectiva.

Tema 23. Normativa en materia de espectáculos e establecementos públicos. Referencia ós aspectos de interese policial contidos no vixente Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tema 24. O poder xudicial. Manifestación de xurisdicción. Órganos xurisdiccionais. Competencias.

Tema 25. Manifestacións, reunións e concentracións. Normativa legal e estratexia policial para a defensa do exercicio destas liberdades.

Tema 26. Principios básicos de actuación policial. Especial referencia ó uso da arma de fogo pola policía. Regulamento de armas. Aplicación ás policías locais.

Tema 27. Delicto de tráfico de drogas. Tipo básico. Tentativa e frustración. Autoría e complicidade.

Tema 28. Lei 18/1989, do 25 de xullo, de bases sobre circulación de vehículos a motor e seguridade vial, e o seu regulamento. Concepto. Natureza. Fins. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. Obxecto, ámbito de aplicación e contido. Código de circulación.

Tema 29. A infracción, sanción e medidas preventivas. Procedemento sancionador. Retirada de vehículos da vía pública. Retirada do permiso de circulación.

Tema 30. Delictos contra a seguridade do tráfico. Alcoholemia: concepto. Taxas de alcoholemia. Efectos. Alcoholímetros: descrición xeral e forma de actuar. Obriga de someterse á proba.

Tema 31. Actuación en accidentes de tráfico. Rescate de ocupantes. Transporte de feridos. Control do tráfico e das multitudes. O atestado.

Tema 32. Documentación de vehículos. Permisos de circulación. Tarxetas de inspección técnica. Autorización de vehículos destinados a transporte escolar. Tarxetas de transporte. Seguro obrigatorio. Permisos de conducción.

Tema 33. Organismos oficiais que interveñen en materia de circulación. Policía e circulación. Facultades dos alcaldes en materia de circulación.

ANEXO III

CADRO DE EXCLUSIÓNS MÉDICAS

a) Obesidade.

Obesidade superior ó 15 por 100 do peso teórico, obtido este segundo a fórmula:

Peso teórico = (Estatura en cm-100) X 1.1

b) Exclusións circunstanciais:

Enfermidades ou lesións agudas, activas no momento do recoñecemento, que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo despempeño das funcións policiais. Neste caso poderase, en función do proceso de selección e da natureza da enfermidade, sinalar un novo prazo de recoñecemento.

c) Exclusións definitivas:

1. Ollo e visión.

1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

1.2. Queratomía radial.

1.3. Desprendemento de retina.

1.4. Estrabismo.

1.5. Hemianopsia.

1.6. Discromatopsias.

1.7. Calquera outor proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte, de maneira importante, a agudeza visual.

2. Oído e audición.

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hercios a 35 decibelios, ou de 4.000 hercios a 45 decibelios, ou calquera patoloxía que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desempeño do posto de traballo.

3. Outras exclusións:

3.1. Aparello locomotor: alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

3.2. Aparello dixestivo: úlcera gastro-doudenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desempeño do posto de traballo.

3.3. Aparello cardiovascular: hipertensión arterial de calquera causa, non debendo excede-las cifras en repouso dos 145 mm/hg en presión sistólica, e dos 90 mm/hg en presión distólica; varices e insuficiencia venosa periférica, así como calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desempeño do posto de traballo.

3.4. Aparello respiratorio: asma bronquial, broncopatía crónica obstructiva, ou pueumotórax espontáneo (en máis de unha ocación), tubercolose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función policial.

3.5. Sistema nervioso: epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanía, e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da funcion policial.

3.6. Pel e faneras: psoriase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.

3.7. Outros procesos patolóxicos: diabete, enfermidades tranmisibles en actividade, enfermidades de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, neoplasias, psicose e calquera outro proceso patolóxico que, a xuicio do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función policial.

O tribunal médico poderá requirir dos opositores a presentación de calquera tipo de análise ou calquera outra proba diagnóstica que considere necesarias.

Tribunal médico. Para o recoñecemento dos opositores constituirase un tribunal médico que estará integrado por tres facultativos designados pola alcaldía.

Sarria, 12 de abril de 1995.

Arturo Corral Guitián

Alcalde de Sarria