Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente FG número 241).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 28 de abril de 1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización redactado para o desenvolvemento do ámbito da U.A. número 36, sita no Vilar-Rúa da Paz-Nos (Oleiros).

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expe

diente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 9 de maio de 1995.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente