Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 25-4-1995, o plan especial de reforma interior de Montes Outeiros (Corbillón), previsto nas normas subsidiarias de planeamento deste concello, exponse ó público o expediente, por termo de un mes, nas oficinas municipais, para os efectos do seu exame e presentación, dentro do referido prazo, das reclamacións, observacións ou suxerencias que se coiden pertinentes.

Para os efectos de cómputo de prazas, entenderase aberto o período de exposición pública a partir do último dos edictos que se publiquen no BOP ou no DOG.

Cambados, 26 de abril de 1995.

O alcalde

Rubricado