Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.068

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO.

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do 21 de abril de 1995, acordou nomear a Leonor Raposo Méndez, por un período de catro anos, xuíza de paz substituta do Concello de Pedrafita do Cebreiro (Lugo) desta Comunidade Autónoma, nomeamento que se fai directamente toda vez que no concurso que convocou esta sala de goberno ultimamente non houbo ningún solicitante ou, noutro caso, os solicitantes non foron considerados idóneos para o desempeño do cargo e tendo en conta que o devandito concello, no seu día, non elixiu a ningunha persoa para o referido cargo.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes ó da publicación deste edicto para ante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

A xuíza de paz nomeada deberá prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5º da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo, no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días, tomará posesión no Xulgado de Paz, para o que é nomeada, perante quen se achar exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar, dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña o vintéun de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Rubricado