Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 24 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que somete a información pública o estudio de impacto ambiental da canteira Nemiña da provincia da Coruña.

Segundo o establecido no artigo 5.2º do Decreto 442/199O, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro) sométese a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación do presente anuncio; o estudio de impacto ambiental da canteira Nemiña, sita no concello de Muxía, e solicitada por José Manuel Lema Serrano, en representación da sociedade Piedras y Áridos de A Coruña, S.L.

Para os efectos informativos poñerase á disposición dos administrados un exemplar do mesmo nas dependencias desta delegación provincial, sección de minas. As alegacións podarán formularse durante o prazo sinalado.

A Coruña, 24 de marzo de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña