Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO.

Urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola explotación de concesión de lousa da sección C San Víctor nº 4263, situado no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense.

Polo Decreto 101/1995, do 21 de marzo, da Xunta de Galicia, declarouse a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a explotación referida para efectos de expropiación forzosa. Consecuentemente faise saber que, segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, unha vez transcorridos oito días desde a notificación a que se refire a devandita norma legal, o representante da Administración procederá a levantar sobre o terreo as actas previas á ocupación.

A relación concreta e individualizada dos bens expostos no taboleiro do concello, e que xa foi publicado no BOE nº 152 en data do 27 de xuño de 1994, con exclusión do predio nº 2 do cal acordaron a adquisición de común acordo a empresa beneficiaria e os propietarios.

Ós restantes interesados notificaráselle mediante cédula que o día 15 de xuño, ás 12 horas, se levantará acta previa á ocupación dos bens, coa mención dos outros apercibimentos legais que procedan.

Ourense, 9 de maio de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense