Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 01 de xuño de 1995 Páx. 4.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 24 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se cita. (Expediente numero 57/1994).

De conformidade co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966 do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan pola instalación da liña eléctrica a 132 kV Eume-Mourela e derivación Eume II, nos concellos das Pontes e A Capela.

A declaración de utilidade pública, en concreto, da referida instalación que foi outorgada con data 16 de novembro de 1994, leva implícita en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da última publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no BOP, e no xornal La Voz de Galicia, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos nas relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, en igual prazo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros das devanditas relacións, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto estará exposto nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Infórmase ós propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa nela ou por escrito que se reciba nesta delegación, os datos para identificación dos bens que se afectan; e que de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto; e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 24 de marzo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña